Os Carunchos
Os Carunchos
Genres: gaita, galiza, folk galego, spanish folk, hispanosphere
Similar artists via Last.fm
About Os Carunchos
O grupo creouse a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados da tradición oral co repertorio de gaiteiros solistas. En 1998 gravaron o seu primeiro CD, ¡Ala, que vai!, editado por Edicións do Cumio. O disco é un resumo dos seus primeiros catro anos de actividade, con cantigas e melodías de nova composición, mesturados con antigos romances e pezas populares. En 2002 gravaron o seu segundo traballo, Sen tempo non era, editado por Zouma Records. Inclúe novos instrumentos no son do grupo, como óboe, a frauta traveseira e máis a requinta. Continúan a empregar letras de outros autores e compoñen algunhas das melodías. En 2005 gravaron o terceiro disco, Montealegre. Nel aparecen novos instrumentos, e temas tanto tradicionais como de diversos compositores de Galicia. En 2009 publicaron En Galego, unha escolma de temas de diversa orixe, temas da tradición popular galega e portuguesa, de repertorio de gaiteiros galegos e coros tradicionais, e temas compostos por autores galegos ou membros do grupo con contidos reivindicativos en defensa da lingua galega. En 2013 publicaron Ti Que?, no que predominan as melodías propias e letras reivindicativas. A comezos de 2017 publicaron Cantares, con letras de personalidades da poesía clásicos, como Rosalía de Castro, e contemporáneos, como Manolo Pipas. Participaron en diversos festivais canda a outros grupos de música galega como Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira ou Luar na Lubre. Discografía[editar | editar a fonte] ¡Ala, que vai! (1998) Sen tempo non era (2002) Montealegre (2005) En Galego (2009) Ti Que? (2013) Cantares (2016)
Taken from Last.fm
562 listeners · 4,790 plays via Last.fm