Fanny & Alexander
Fanny & Alexander
Genres: galiza, baile, Compostela
Similar artists via Last.fm
About Fanny & Alexander
http://www.gzmusica.com/cartafol/pop-indie/fanny--alexander/imprimir.html?tmpl=component Fanny+Alexander son unha banda indie galega con base en Compostela que gosta de poñer a proba en cada unha das súas cancións os límites do Pop máis canónico, chimpando do pop acústico á indietronica máis arriscada, do chamber-pop orquestrado ao máis shoegazer e espacial, do sintético pop electrónico ao máis folkie e espido. Unha atitude rupturista que comeza coa fidelidade ao principio punk do Do It Yourself -autoproducindo os seus discos e realizando os seus propios videoclips e material gráfico-, continua con un compromiso co Copyleft e remata coa explotación a conciencia da infinda paleta de sons que proporcionan as novas tecnoloxías. En defintiva, poñendo os alicerces para a contemporaneización da nova música pop galega a base de machucar estilos, regras e etiquetas. Publicou os seguintes traballos: Lusco e Fusco, (A Regueifa Discos, 2006), Finais dos 70s comezos dos 80s, (A Regueifa Discos, 2007) e Alfaias, (A Regueifa Discos, 2009)
Taken from Last.fm
226 listeners · 2,577 plays via Last.fm